De corazón

(A Andrea Fernandez Maneiro)

Galiza,¿quen dubida do teu latexo?
Dende logo, eu non
No meu corazón, entraches,
Teu recendo cúbreme dende fai tempo.
O camiño da pedra e da auga: Río serpe,
O río Armenteira,
Teus muiños son berce da gran moenda.
Camiños que a roda do carro
Deixou gravar na pedra.
Da pedra, eu vin nacer o fento.
Da pedra,
Da pedra mesma do río,
Tenra vida xerminando
É o carballo de eiquí
Caparazon duro da canteira,
Auga derretindo.
¿Din que isto non é fervenza de vida?
Din que é todo estado do ánimo..
Hoxe é día dos claros
Mañan está na man do ceo.
No teu paladar deixou a abella o seu néctar.

Abdoulaye Bilal Traoré (©2011)

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Mundo adiante (A Xosé Neira Vilas, Pai das “Memorias dun neno labrego”)

Fondura dunha fala na ría